A terras de Foz viaxamos este venres, a onde nos leva a escritora Luisa Castro.
"Corre por aí un infundio que di que o mar de Foz é moi frío, o máis frío de toda a costa cantábrica. Mintira, coma tantas. Asegúrovos que no mar de Llas hai mellor temperatura que nas Rías Baixas. Será porque nós, os de aquí, temos tamén outra temperatura corporal, pero a min meterme nestas augas vivifícame, devólveme á infancia, á comunión coa natureza, e se non hai moita xente, de madrugada ou ó anoitecer, mellor aínda".
O relato completo no especial No lombo do Atlántico, onde, se non o fixeron xa, tamén poden ler as pezas anteriores, escritas por Suso de Toro e Alexandre Nerium.
Luisa Castro, naceu en Foz. Filla de mariñeiro, medrou a pé do mar. É escritora e columnista. Entre a súa obra poética está Baleas e Baleas, Odisea definitiva ou Amor, mi señor. Algunhas das súas novelas: El Somier, El secreto de la lejía, Viajes con mi padre e La segunda mujer. Co libro Podría hacerte daño gañou en 2004 o Premio Torrente Ballester.