Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Protagonismo para a frota galega

Chega o Día de Galiza no maior evento internacional de cultura marítima

A delegación galega ten este mércores a súa xornada especial na festa de Brest, cun amplo programa de actividades para mostrarlle ao mundo o patrimonio do país.

Redacción - 09:00 16/07/2008

Os vintecinco barcos que integran a frota galega son protagonistas este mércores dun desfile comentado, onde milleiros de persoas poderán coñecer os detalles da diversidade do patrimonio galego vencellado ao mar e os ríos. Unha actividade que será aínda máis especial á noite, cando os barcos galegos poidan encabezar o desfile de veleiros europeos, nun espectáculo acompañado de iluminación e música ambiente que conta con especial seguimento por parte do público que asiste a esta festa.

Pero tamén haberá actividade en terra, onde Leilía impartirá unha nova lección de baile tradicional nun obradoiro diario espertou gran atención. Ademais, músicos galegos e bretóns estreitarán vencello nun concerto conxunto a celebrar no escenario principal. Finalmente, haberá no espazo galego un concerto conxunto de Leilía e Treixadura.

No Village Galice, o espazo de Galiza no corazón do evento, realizarase este mércores ás 11 da mañá o acto de presentación pública de Galiza en Brest, presidido pola conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo e o alcalde de Brest. De seguido terá lugar a botadura dunha dorna que se construíu durante estes días no propio espazo e á vista dos numerosos visitantes que se achegan a coñecer as particularidades da cultura marítima galega.


Ligazóns

4,91/5 (11 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: