Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Seleccións nacionais

Cataluña debuta e gaña na Copa América de hóckey sobre patíns

A primeiro partido, o da vitoria, foi contra Chile. Os cataláns, que o ano pasado foron subcampións, aspira ao título.

Redacción - 11:34 15/07/2008

A selección catalá de hóckey sobre patíns comezou a Copa América, unha das competicións máis importantes deste deporte, cunha vitoria sobre Chile.

Cataluña, que xogou á media noite, gañou por 8-1, coas actuacións destacadas de Jepi Selva (Noia Freixenet), que marcou catro goles, e Jordi Molet (Reus), que marcou outros tres. Esta terza feira xogan un outro partido fóra de competición, contra un combinado de xogadores de Bos Aires, e na cuarta enfrontaranse a Arxentina a e o Brasil.

É a segunda participación do equipo que dirixe Jordi Camps na Copa América. O ano pasado quedaron a nada de gañar o campionato, mais perderon na final contra Arxentina, mais este ano o combinado está formado por outros xogadores. Só quedan da selección anterior Xavi Lladó e Jordi Molet.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: