Os finados son tres homes armados e tres policías, segundo informou confirmou o gobernador da cidade.
Cando menos seis persoas morreron e outras tantas resultaron feridas esta cuarta feira en Turquía logo dun ataque perpetrado por varias persoas armadas contra os policías que custodian o consulado de Estados Unidos en Istambul, a capital do país.
Segundo informaron testemuñas á televisión turca e confirmou máis tarde o gobernador da cidade, Muammer Guler, os atacantes, dos que se descoñece polo momento a súa identidade, comezaron a dispararlles aos gardas da entrada principal arredor das 10.00 horas, e estes responderon de igual xeito. O intercambio durou uns sete minutos.