Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Propón acelerar a reforma

Rajoy considera agora "prioritario" que os emigrantes voten en urna

O presidente do PP di que pedirá a convocatoria da Deputación Permanente do Congreso para botar adiante unha reforma que considera "capital".

Redacción - 13:30 08/07/2008

Á vez que do recente congreso do PSOE saía a proposta en favor do dereito de voto dos cidadáns inmigrantes, desde o PP, que xa cualificara de "non prioritaria" esa idea, aproveitan para centrar a atención sobre o voto dos residentes no exterior. Así, e malia que o PP non fixera de momento ningún xesto na Cámara baixa para acelerar o proceso, o líder popular comprométese agora a que tratar este tema como urxente.

Deste xeito, Mariano Rajoy avanzou que o PP pedirá que o asunto se analice na Deputación Permanente do Congreso, o órgano que neste período fóra de sesións, asume as funcións do pleno da cámara. Na opinión de Rajoy os cidadáns "deben poder votar nunha urna, e para iso temos embaixadas, consulados e funcionarios". "É o máis democrático", subliñou, asegurando ter "sana envidia" dos cidadáns de países latinoamericanos residentes no Estado español que poden participar nas citas electorais do seu país votando en urna.

Recordámoslles que na actualidade, e malia existiren propostas específicas levadas ao Congreso polo BNG, nas próximas eleccións galegas os emigrantes seguirán sen poder votar en urna de non comprometérense coa aceleración do necesario proceso de reformas PSOE e PP, partidos maioritarios en Madrid.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: