Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Sería o mellor do Estado

Cultura vai construír o circuíto de BTT que pedía Eva Castro

A Consellaría presentou varios proxectos de mellora das instalacións da Acea da Ama, en Culleredo, aos que destinou un investimento de case un millón de euros.

Redacción - 17:58 07/07/2008
A conselleira Ánxela Bugallo e a directora xeral para o Deporte, Marta Souto, en Culleredo

A conselleira Ánxela Bugallo e a directora xeral para o Deporte, Marta Souto, en Culleredo

A conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, presentou esta segunda feira varios proxectos de mellora das instalacións deportivas de Acea da Ama, en Culleredo. No proxecto contémplase o arranxo do campo de béisbol, a reforma integral do campo de fútbol e a construción dun circuíto de Four Cross (bicicleta todo terreo), que solicitara a deportista oleirense Eva Castro.

O mellor circuíto de Four Cross do Estado

Unha das actuacións previstas no parque da Acea da Ma, (que han custar, en total, case un millón de euros, segundo explicou Bugallo) é a construción dun circuíto de Four Cross (bicicleta de montaña). Este proxecto está a piques de ser ultimado, en colaboración estreita coa deportista Eva Castro, que foi quen fixo a solicitude das instalacións á Dirección Xeral para o Deporte. Este vai ser un circuíto homologado, no que se poderán disputar probas da Copa do Mundo e que a propia Eva cualificou como única no Estado: "Non hai unha instalación como esta en todo o Estado, polo que Culleredo será un punto de referencia".

Ademais, Eva explicou que "pretendemos crear unha escola porque así poderemos achegar este deporte, que non é tan coñecido, ás e aos máis pequenos". O orzamento desta instalación roldará os 200 mil euros e a intención é iniciar as obras antes de finais do presente ano. O circuíto vai situado na zona menos utilizada do parque, pegada á autovía, para así aproveitar ao máximo o espazo.

Ademais, en poucos días vanse iniciar as as obras de cambio de pavimento do campo de fútbol por herba artificial, e tamén se arranxará o campo de béisbol.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Bugallo e Souto co alcalde de Culleredo, Julio Sacristán; a tenente de alcalde, o concelleiro de Deportes e Eva Castro
Bugallo e Souto co alcalde de Culleredo, Julio Sacristán; a tenente de alcalde, o concelleiro de Deportes e Eva Castro
Eva Castro competindo na súa bicicleta de montaña
Eva Castro competindo na súa bicicleta de montaña