Leva só 6 meses no mercado e o servizo de telefonía móbil de R xa chegou ás 18.000 altas de liña, o que supón, aproximadamente, a contratación dunhas 150 liñas diarias.
O éxito dos móbiles de R
A este ritmo, a empresa galega xa conta con cegar ós 36.000 usuarios ó final do verán. A maioría dos clientes que se dan de alta estanse a decantar pola contratación de tódolos servizos que ofrece R, isto é, telefonía móbil, telefonía fixa, internet e televisión de pago.
R define o seu servizo mediante as vantaxes que supón o aproveitamento da súa propia infraestructura de rede e integralo na súa oferta, de tal xeito que se simplifica e rentabilizan as comunicacións do cliente.
Pero un dos fenómenos que máis está a axudar a R a incrementar o seu volume de altas en telefonía móbil é o considerable aumento que están a ter as portabilidades dos grandes grupos ás compañías minoritarias. Así, o 60% das altas de R veñen do traslado doutros operadores, atraídos polas chamadas a cero euros a fixos e móbiles dun mesmo contrato.
FWWWRANDO