Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Por tamén navegar

Oes, fálame do mar, ho

Vieiros está a xuntar as marcas dun compás con sede de auga. E Suso de Toro é o primeiro dos escritores en visitar o espazo literario onde cada semana haberá unha peza adicada ao mar.

Redacción - 18:30 04/07/2008

Para un verán de argazos, barcas novas mandamos labrar. Vieiros está a xuntar as marcas dun compás con sede de auga. Os amigos de salitre e sol e chuva escribirán para nós nas sextas feiras en marea de doce semanas, con remate no setembro do Día Mundial do Mar e das lagarteiras.

Das Illas Cotovías, que as hai, meu Sinbad, coma cascas de laranxa, ao Mar Maior. Do Mar dos Espellos á Marola, por mares nunca de antes navegados. Irmos con Benito Soto nos galeóns de Rande, recalar un instantiño no peirao da néboa. Por tamén navegar.


Hai un ano foi Onde Sempre é Bosque, o recanto literario ao que se achegaron unha ducia de escritores do país. Desta volta miramos ao mar. Será unha proposta especial para os venres de cada verán. No lombo do Atlántico, este primeiro venres temos a visita de Suso de Toro, que nos convida a ler a peza titulada: Oes, fálame do mar, ho.

Agardamos tamén as vosas propostas. Onde ides mollar as canelas no verán, onde escapades para ver o sol deitarse no horizonte, o lugar onde os ollos vos bateron por vez primeira co océano... Cóntanos do teu mar!



5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: