Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
Efecto invernadoiro no Ártico

Obrigados a emigrar polo aumento, provocado, das temperaturas

Habitantes de Kivalina, Alaska, demandan a unha vintena de petroleiras, eléctricas e gaseiras, as que acusan de causar a inundación da aldea.

Redacción - 13:00 04/07/2008
Imaxe de Kivarina

Imaxe de Kivarina

Uns 400 habitantes Inupiat de Kivalina, en Alaska, terán que abandonar en pouco tempo e definitivamente a súa aldea, debido a que o aumento das temperaturas está a provocar desxeos, e a súa vez estes dan paso a inundación da localidade costeira.

Mais o cerne da cuestión é por que o termómetro está a alcanzar máximos históricos. Os Inupiat téñeno claro. E o bufete de avogados estadounidense Susman Godfrey tamén.

Hai meses que a firma iniciou unha batalla legal contra vinte compañías petroleiras, eléctricas e gaseiras as que acusa de emitir millóns de toneladas de gases de efecto invernadoiro á atmosfera, provocando o derretemento do xeo do Ártico e causando as consecuentes inundacións.

Entre as empresas están multinacionais tan importantes como ExxonMobil, Chevron e BP. Ademais, oito das corporacións tamén afrontan unha denuncia por "conspiración para enganar a opinión pública" sobre as causas reais do quecemento global.

Calculan que o custe económico da 'mudanza' definitiva dos Inupiar podería ser de entre 100 e 300 millóns de dólares (entre 63 e 189 millóns de euros). Os demandantes exixen ou ben que as compañías corran cos gastos ou ben que paguen a construción dunha barreira mariña que os protexa das crecidas do mar.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: