Segundo os medios israelís e as axencias internacionais, un home que conducía a máquina arremeteu deliberadamente contra un bus.
Imaxe logo do suceso
Pouco despois das 12.00 horas en Xerusalén (as 11.00 horas en Galiza), un home que conducía unha máquina escavadora polo centro da cidade arremeteu contra un bus, provocándolle a morte a dúas persoas así como feridas a outra ducia.
Segundo os medios israelís e as axencias internacionais, o condutor -que foi abatido a tiros pola Policía- realizou a manobra deliberadamente, era palestino e tiña antecedentes penais.