Dende onte, Microsoft xa non fabrica máis unidades do sistema operativo Windows XP. A partires de agora, haberá que facer uso do Windows Vista, moito menos popular que o vello XP.
O XP pasa á historia
A noticia non é do agrado de demasiados, posto que o Vista, dende a súa saída ó mercado en 2006 non tivo o respaldo dos consumidores, xa que as súas novidades non convenceron e ademais resultou incompatible con moitos programas e dispositivos periféricos.
Hai, incluso, quen recolle sinaturas contra a retirada do XP e algúns fabricantes permiten a opción de volver a esta versión do Windows, a través dun programa de "downgrade", unha medida inédita ata o de agora no mercado da informática persoal.
A outra alternativa para seguir utilizando o XP está nos novos miniportátiles de baixo custo (os Netbooks), que se venden co sistema operativo de Microsoft na súa edición para o fogar ou con Linux.
E para os que teñan xa o XP, e se resistan a abandonalo, Microsoft xa asegurou que as actualización e o soporte técnico seguirán a facilitarse ata o ano 2014.
FWWWRANDO