Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Lembranza de Ousmane Sembene

Senegal recorda o "pai" do cinema africano

Con festa e unha estatua en Dakar, o país que viu nacer ao "camarada" Sembene homenaxeou o cineasta.

Redacción - 09:00 30/06/2008

No recuncho de Casamance, no suroeste de Senegal, naceu hai 85 anos Ousmane Sembene, quen no momento de morrer en xuño do ano pasado, gañara o recoñecemento da escena audiovisual como "pai do cinema africano".

Foi albanel e carpinteiro na mocidade, mentres descubría a escritura e o cinema, até que marchou fóra do país para entrar no exército de Francia durante a 2ª Guerra Mundial. Rematado o conflito, quedou por terras francesas, onde se implicou en política, militando no Partido Comunista e mobilizándose en favor da independencia de Alxeria. Publicou en 1956 a súa primeira novela, Le Docker Noir, contando da súa experiencia como estibador no proto de Marsella. Na década dos 60 enchoupou a súa vida de cinema, estudando en Moscú e realizando curtametraxes. Desde aquela recibiu numerosos recoñecementos e premios, ao tempo que abría camiño para que a voz africana chegase ás pantallas de cinema.

Os senegaleses adícanlle desde este mes unha estatua na capital, Dakar, a pé do mar, inaugurada este mes. Proxeccións e conferencias tiveron lugar coincidindo co aniversario do seu pasamento. Persoeiros do cinema de todo o mundo acudiron tamén a adicarlle homenaxe a Sembene, entre eles por exemplo o actor estadounidense Danny Glover, coñecido activista polos dereitos dos afroamericanos nos EUA.


2/5 (2 votos)



Escenas de Moolandé

En Moolandé, Sembene trata o tema da ablación e relata o enfrontamento dun grupo de mulleres aos homes para salvar a súas fillas do ritual
En Moolandé, Sembene trata o tema da ablación e relata o enfrontamento dun grupo de mulleres aos homes para salvar a súas fillas do ritual