Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Aprobados os premios do COE

A medalla de ouro anda a 94 mil euros no mercado estatal

O Comité Olímpico desvelou a contía dos premios que poderían gañar, entre outros deportistas galegos, Gómez Noya ou David Cal.

Redacción - 12:30 25/06/2008
David Cal, bicando a medalla de ouro conseguida en Atenas

David Cal, bicando a medalla de ouro conseguida en Atenas

O Comité Olímpico Español (COE) decidiu xa as contías dos premios que han levar os deportistas que consigan subir ao podio e regresar con medalla. A cousa está así: os que consigan o ouro nunha proba individual en Beixín 2008 levan 94 mil euros; os que leven unha medalla de prata recibirán 48 mil euros; e 30 mil están preparados para os que consigan o bronce. É o caso dos nosos Olímpicos, Xabier Gómez Noya, David Cal, Iván Raña, Sandra Aguilar ou Santi Pérez, que compiten individualmente.

Nas probas de dobres, cada un dos integrantes recibirá 75 mil euros polo ouro; 37 mil pola prata; e 25 mil polo bronce. Pode ser o caso dos galegos Fernando Echávarri e Antón Paz, na vela; ou Carlos Pérez Rial, Perucho, e o catalán Saúl Craviotto no piragüismo.

Por equipos, fixáronse 50 mil euros polo ouro, 29 mil pola prata e 18 mil polo bronce (por persoa). Estas son as cantidades que poderían recibir Sonia Molanes ou Teresa Portela, en piragüismo; ou Tamara Abalde, en baloncesto.

Tamén hai que ter en conta que as cantidades son acumulábeis, de tal xeito que se Cal, por exemplo, que compite en dúas categorías (C-1 500 e 1.000 metros), fai como hai catro anos, e leva un ouro e unha prata, enchería os petos con 142 mil euros.


4/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Gómez Noya ou Raña poderían levar 94 mil euros, no caso de entrar de primeiros na meta na proba de triatlón
Gómez Noya ou Raña poderían levar 94 mil euros, no caso de entrar de primeiros na meta na proba de triatlón
Echávarri e Paz tamén teñen opcións de medalla
Echávarri e Paz tamén teñen opcións de medalla
Tamara Abalde tería que repartir co resto de xogadoras da selección estatal
Tamara Abalde tería que repartir co resto de xogadoras da selección estatal