Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CEIBES NO MONTE

Cabalos e tradición

Un proxecto educativo sobre a tradición de criar cabalos en liberdade gaña o Premio Antonio Fraguas.

Redacción - 14:30 29/06/2008

Nas ladeiras do Monte Galiñeiro viven cabalos en estado salvaxe durante todo o ano. Do seu coidado encárganse as comunidades de veciños, quen organizan a tradicional rapa das bestas. Neste contexto críanse os alumnos do Instituto Terra de Turonio, de Gondomar, que non queren permanecer alleos á súa contorna. Así o veñen de demostrar nos Premios da Fundación Antonio Fraguas do Museo do Pobo Galego.

Os mozos fixéronse acredores deste premio na súa sexta edición. Este galardón quere impulsar proxectos de investigación e coñecemento do patrimonio cultural desenvolvidos dende as escolas e institutos e que integren a toda a comunidade educativa. No seu ditame, o xurado subliña que valorou o interese que ten a promoción do patrimonio recollido nos montes daquela bisbarra, así como a implicación da xente nova no traballo.

O interese pola conservación da ancestral cultura dos cabalos despréndese deste proxecto didáctico, no que colaboran a Asociación de Pais do centro, a Mancomunidade de Montes do Val Miñor, as Asociacións de propietarios de cabalos e as comisións organizadoras dos curros. Ademais, a iniciativa pon de manifesto a importancia cultural que esta actividade acadou xa na zona, onde a presenza dos cabalos en liberdade constitúe xa unha actividade social de longa tradición. No propósito de que non se perda nin a tradición, nin o interese que esperta, está xa involucrada toda a comunidade educativa.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: