Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
SOFTWARE LIBRE

Mancomún, único proxecto do Estado sobre interoperabilidade convidado pola UE

O Centro de Software Libre de Galiza presenta as súas experiencias sobre intercambio de información administrativa.

Redacción - 12:00 23/06/2008
Xesús Baleato

Xesús Baleato

O coordinador do Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza (Mancomún), Xesús Benítez Baleato, e a responsábel de comunicación, Irene Touriño, están a participar nunha serie de encontros europeos relacionados co software libre e o intercambio de datos entre administracións. De feito, Mancomún foi o único representante do Estado en achegar unha experiencia de interoperabilidade semántica, mediante o repositorio de software libre galego A Forxa.

O centro dependente da Consellaría de Innovación e Industria participou na presentación do proxecto SEMIC, un proxecto que promove o intercambio de datos nos servizos paneuropeos de administración electrónica. No portal achéganse funcionalidades para garantir que a información se transmite de xeito fiábel e compatíbel entre os distintos organismos.

Mancomún tamén tivo presenza no lanzamento do Repositorio Europeo de Software Libre (OSOR), para o que conta tamén coa experiencia da Forxa. O percorrido europeo remata o mércores 25, coa intervanción na xornada informativa sobre a nova versión do Marco de Interoperabilidade Europea, EIF Info Day 2008.


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: