Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
AMEAZA CON DETER O ENVÍO DE PETRÓLEO

Chávez lidera a indignación de América Latina pola política da UE contra os inmigrantes

Tamén se pronunciaron en contra das medidas aprobadas polo Parlamento Europeo Brasil, Bolivia, Paraguai, Ecuador e a OEA.

Redacción - 17:45 20/06/2008

"Non podemos quedar cos brazos cruzados", dixo Hugo Chávez, que ameazou con deter o envío de petróleo aos países europeos que apliquen a nova norma sobre inmigrantes indocumentados aprobada o mércores polo Parlamento. Ademais, indicou que revisará o investimento das nacións da UE que apliquen a medida e que, da mesma xeito que Europa decide devolver aos seus países de orixe aos indocumentados, os países latinoamericanos tamén poderían decidir "o retorno da investimentos europeos".

Os parlamentarios da UE aprobaron o mércores unha norma que establece que os inmigrantes indocumentados poderán ser detidos por un período de ata 18 meses mentres se tramita a súa saída do país e, unha vez deportados, non poderán reingresar á UE en cinco anos.

Indignación en todo o continente

Pero non só Venezuela respondeu á medida aprobada pola UE. Os gobernos de Brasil, Ecuador, Bolivia e Paraguai amosaron a súa indignación, ao tempo que vaticinaron "malos tempos" para os centos de milleiros de americanos que residen en Europa en forma precaria. Tamén se pronunciou o secretario xeral da Organización de Estados Americano, José Miguel Insulza, que rexeitou a nova política europea e afirmou que "é un paradoxo que mentres se negocian acordos importantes en materia comercial e fálase de alianzas estratéxicas, adóptanse de xeito unilateral esas medidas que tratan como delincuentes aos inmigrantes ilegais, sen sequera discutir nin negociar o tema cos gobernos latinoamericanos".

Pola súa banda, o presidente boliviano, Evo Morales, anunciou que emprenderá unha campaña internacional que unifique aos países latinoamericanos cos africanos para buscar reverter a lexislación europea; así mesmo, pediulles aos europarlamentarios e presidentes europeos que "non sexan racistas".

Mentres, a única resposta que os países americanos recibiron dende a UE chegou da boca de Javier Solana, Alto Representante de Política Exterior da Unión, que cualificou de 'totalmente desproporcionada' a advertencia de Hugo Chávez.


4,5/5 (8 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: