Óscar Barro envíanos esta foto para o concurso de 'Unha imaxe para o galego'.
Que a lingua sexa vizosa, que teña a forza desta foto: “Planta a semente da túa fala e deixa que medre a túa lingua”, recoméndanos Óscar Barro, que nos envía unha foto titulada “Linguas de cor”.
Entramos na recta final do concurso 'Unha imaxe para o galego'. Xa só faltan dez días para que remate o prazo. Mándanos a túa visión dese fenómeno que é a transmisión xeracional do idioma. Xa sabes: Ti es a (re)cámara do idioma. Consulta as bases e participa.