A parella galega entrou de última na final de duplo scull lixeiro. Só se clasificaban para as Olimpíadas as dúas primeiras embarcacións.
Xoán Zunzunegui e Xesús González afrontaban na mañá da cuarta feira a final de duplo scull lixeiro no Preolímpico de Remo, que se disputa, até domingo, na localidade polaca de Poznan.
Xa tiñan superado as semifinais a pasada terza feira, facendo un moi bo terceiro posto, mais na mañá da cuarta as cousas non saíron como agardaban, e a súa embarcación entrou de sexta e última na meta.
O vigués e o tudense quedan así sen poder participar no que serían os seus segundos xogos, catro anos despois de Atenas 2004.