Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
CRÍTICAS Á ORGANIZACIÓN

Está perdendo o Festival de Ortigueira o seu espírito?

Unha carta aberta publicada no blog Malmequer denuncia a perda dalgúns dos sinais de identidade do encontro de música celta.

Redacción - 13:30 17/06/2008

A carta centra as súas críticas no ambiente da zona de acampada, que di "nestes últimos anos perdeu a súa maxia: Agora entre os piñeiros instálanse moreas de carpas que non paran de pór música 'dance' e que non deixan descansar a aqueles que queren facelo". Así mesmo, o texto denuncia que "a organización fai oidos xordos ano tras ano a todos aqueles que nos diferentes foros pedimos que se impida que se monten esas carpas na zona de acampada".

A carta, que anima a facer un envío masivo á organización do festival para protestar por esta situación, propón que se cobre unha cantidade simbólica polo lugar de acampada: "por ser gratis e por poder pasar un fin de semana de drogas, alcol e música dance, xentes que non se achegan a Ortigueira a ver nin un só concerto, enchen a zona de acampada". En Lorient, lembra, si se cobra por acampar e así e todo, o lugar énchese todos os anos.

O texto tamén critica a selección musical realizada nos últimos anos: "en anos anteriores moitos dos grupos non tiñan nada que ver ca música folk ou celta", aínda que recoñece que "iso parece que foi corrixido o ano pasado". Remata dirixíndose á organización do festival lembrando que "está nas súas mans que este ano, no 30 aniversario, as cousas sexan un pouco mellor. Eu adoro este festival, e daríame moita mágoa que puidese chegar a desaparecer porque é impresionante a cantidade de xente de fóra de Galicia que vai a el".


4,9/5 (20 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: