Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
'Hemopure'

Un derivado do sangue de vaca, apto para transfusións a humanos

O novo composto obtense tras un proceso de depuración que elimina a presenza de virus e prións, causantes do 'mal das vacas tolas'.

Redacción - 11:30 17/06/2008
'Hemopure' pode ser usado en pacientes de calquera grupo sanguíneo

'Hemopure' pode ser usado en pacientes de calquera grupo sanguíneo

Unha empresa de biotecnoloxía estadounidense desenvolveu un composto que pode servir de substituto do sangue humano nas transfusións. Trátase dun derivado do plasma de vaca que xa superou con éxito un ensaio clínico con perto de 700 pacientes de EUA, Europa e Suráfrica.

O último número da revista Journal of Trauma recolle os resultados da investigación. Un sofisticado proceso de depuración do sangue bovino elimina a presenza de calquera axente infeccioso, dende virus a prións (causantes da encefalopatía esponxiforme bovina ou mal das vacas tolas)

Solución temporal

O resultado é unha solución de hemoglobina que se pode utilizar no canto dos glóbulos vermellos humanos en calquera paciente, con independencia do seu grupo sanguíneo, aínda que en casos de hemorraxia severa, a transfusión clásica aínda é a única opción. Neses casos, Hemopure funciona como unha solución momentánea até que o paciente recibe sangue humano.

O tratamento ten efectos secundarios temporais, como coloración amarelada da pel, elevación da tensión e unha suba dos niveis de certas enzimas, mais en ningún caso derivaron en problemas de gravidade.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: