Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Fútbol

Pepe Murcia, novo adestrador do Celta

O técnico cordobés presentarase esta cuarta feira. Vén de pechar unha moi boa segunda volta do Castelló. Alejandro Menéndez volve adestrar o Celta B.

Redacción - 19:44 16/06/2008
Pepe Murcia, novo adestrador do Celta

Pepe Murcia, novo adestrador do Celta

Pepe Murcia será o adestrador do Real Club Celta a próxima tempada, unha vez pechado o acordo entre ámbalas dúas partes.

O técnico cordobés, quen dirixiu ao Castelló nos últimos meses, será presentado ao longo da xornada da cuarta feira. Pepe Murcia vén de pechar unha impresionante segunda volta co Castelló, equipo ao que chegou en xaneiro cando era décimo sexto e estaba catro puntos por riba da zona de descenso. Murcia situouno na quinta posición da táboa, ao terminar o campionato. Ademais, foi o equipo menos goleado da categoría.

Como xogador, Pepe Murcia (Córdoba, 3 de decembro de 1964) militou no Tomelloso, no Córdoba e no Plasencia. Foi adestrador do Córdoba (1996-2002) e de aí pasou ao Cartagonova, onde permaneceu unha tempada. No 2003 sentou no banco do Atlético de Madrid B, equipo ao que dirixiu durante tres campañas e co que se proclamou campión do Grupo II de Segunda División B. Foi ademais adestrador do primeiro equipo do Atlético de Madrid na tempada 2005/2006 tras a destitución de Bianchi. A seguinte campaña foi o máximo responsábel do corpo técnico do Xerez, e esta última tempada dirixiu ao Castelló (dende xaneiro).

Alejandro Menéndez, técnico céltico nos últimos partidos, seguirá á fronte do Celta B a próxima tempada.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: