Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
CREADO POR UNHA EMPRESA VALENCIANA

Un novo portal de internet permite aos usuarios facer transmisións en directo e canles de televisión

A emisión a través da rede non require de 'software' e é gratuíta

Redacción - 14:04 16/06/2008

Pódense lanzar contidos en directo sen coñecementos técnicos nin custo algún? Ten futuro a televisión á carta a través da rede? Para o informático Mario Vai, responsable da empresa Virtual Connection Group, non hai dúbida algunha de que si. Este arxentino, radicado en Valencia, é o impulsor deste portal en castelán de emisións en streaming, unha especie de YouTube español das emisións en directo. www.envivoahora.tv nace logo de dous anos de complexas probas, procura de investidores e desenvolvemento de modelos de negocio. "Agora todo está listo", recoñece Rafael Estrada, director de mercadotecnia de Virtual Connection Group, a sociedade que xestou o proxecto.

Necesitáronse meses de traballo para puír os procesos e simplificar ao máximo as transmisións. Comezar a emitir en directo tan só leva dous minutos desde que se accede á web. Necesítase unha cámara conectada ao computador e unha conexión ADSL, aínda que se pode transmitir desde casa ou a rúa usando os novos módems USB que ofrecen as operadoras telefónicas.

Servizo gratuíto

As emisións son gratuítas, pero aínda así a compañía espera recuperar en breve o investido ata o momento. Por iso, traballa xa nun ambicioso plan de mercadotecnia en empresas. Envivoahora.tv pretende irromper no sector das convencións, xornadas, congresos, conferencias e seminarios onde Valencia ocupa unha posición de privilexio en España. Para iso pódense utilizar as transmisións con contraseña, que poden ser de pago, e gardar así a privacidade destes actos a través de internet.

Revolución tecnolóxica

Algúns centros educativos e universidades interesáronse por este sistema a fin de implantar cursos a distancia ou transmitir diferentes actos. O colectivo de sordomudos tamén se puxo en contacto coa empresa coa intención de usar este sistema nas súas actividades diarias.

Pero é no ámbito do xornalismo onde Estrada vaticina unha auténtica revolución. Ao seu xuízo, esta tecnoloxía acabará definitivamente coas custosas transmisións vía satélite e achegará aínda máis as imaxes a internautas e telespectadores, sobre todo se frutifican as negociacións, xa en marcha, cos grandes da telefonía móbil. "Así calquera cidadán podería emitir unha noticia en vivo e a través de internet cun móbil de terceira xeración", explica o responsable.

A segunda parte do proxecto, o da televisión á carta, atópase en fase de desenvolvemento, aínda que poderá ver a luz en breve en www.tuhaceslatv.com. Este servizo será gratuíto para os usuarios. Aqueles que desexen crear unha canle comercial con esta tecnoloxía coma se dunha televisión convencional se tratase si deberán pagar unha cota.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: