O cartaz da edición 2008 vai ser realizado por Kenny Ruíz.
A imaxe do cartaz 2008
Queda algo máis dun mes para que comece o Salón de Cómic de Cangas, pero xa se van coñecendo algúns detalles sobre as intervencións e achegas que presenta a edición 2008. Sábese xa, por exemplo, que entre os convidados que pasarán polo Salón, amosando as súas obras e ofrecendo a súa visión sobre o momento presente da novena arte. O galego Tirso Cons, o catalán Manel Fontdevila e o arxentino Al Barrionuevo estarán en Cangas, o mesmo que Horacio Altuna.
Ademais, mo auditorio de Cangas poderá verse a exposición 10 anos de BD galega, coordinada pola Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI). Así mesmo, destacan os obradoiros de Banda Deseñada que impartirán Julius e Luís Da Vila. O cartaz desta edición, que comezará o 21 de xullo, xa lle foi encargado a Kenny Ruíz.