Abran as orellas ao alimento musical variado que chega esta semana en A Polo Ghit. En menos dun mes, chimpamos ás 35 propostas.
Na Cama (de Som do Galpom); Ven recorrer o mundo (de Fran Amil); Rapás, rapás (Xoán Curiel e Son+d2); Meneo de Barra (Pepa e Davide&Madamme Cell); Ábreme a porta (Antonio del Río); Migallas (Factoría); Pogomuiñeira (Esquíos); Pepiño (Pito de Pikasso); Sinestesia (Quant); Nunca máis (Malacentellatekom); Friki boy (Leite de Nai); Os dous amigos (Roger de Flor); Soandres (The Bluesomes) e O reguetón de Maruxa (Joselito).
Velaí as catorce últimas achegas, coas que sumamos xa 35 aspirantes en A Polo Ghit a seren canción do verán. Todos os temas aqueladiños para seren escoitados, descargados e votados. E recorden que só se pode votar unha vez ao día desde un mesmo computador.