O epicentro sentiuse mesmo na capital, Toquio, localizada a case 400 quilómetros ao sur.
O epicentro foi situado na provincia de Akita, un área a 82 quilómetros ao norte da cidade de Sendai. O sismo produciuse ás 1h43 (hora galega) e afectoulle a toda a illa de Honsu, a principal do arquipélago xaponés. De momento, as informacións da prensa local confirman dous mortos e medio cento de feridos.
Nun primeiro momento houbo preocupación polas plantas nucleares da provincia de Fukushima, área veciña á zona onde zoupou con máis forza os sismo, malia que o goberno xaponés comunicou que non están afectadas. O terremoto activou os servizos de emerxencia e fixo que as autoridades ordenasen pechar algunhas das principais autoestradas e liñas de alta velocidade ferroviaria do país.
Para ampliar: o Daily Yomiuri