Este domingo hase mover tamén Compostela, ao ritmo das estrelas da billarda e dos seus golpes co palán. É a finalísima da Liga Nacional, que este ano, ademais, vai ser emitida por TV.
Este domingo 15 de xuño, como contan dende a Liga Nacional de Billarda (LNB), vai tremer Compostela coas grandes estrelas do deporte da billarda disputando o Play Off Nacional de Billarda , titulado e galeguizado como A Gran Muiñada.
A competición final comezará ao mediodía no campo de terra do barrio de Conxo. Haberá dúas finais pola mañá e outras dúas no serán que marcarán unha xornada histórica para o deporte de esencia tradicional galego.
Isto si que é muiñada!!!
A LNB farta xa do balbordo mediático dos Lakers contra os Celtics porpón un explosivo Billardeiros Musicais Vs Filloas de Sangue... esa si que vai ser muiñada!!!
Espectacular tamén o despregue das Conferencias xa que dous autobuses cheos cos palanadores e palanadoras máis seareiros sairán a primeira hora da mañá do domingo, un de Ribadeo e outra da Coruña, para atoparse na terra batida de Conxo, onde, igualiño que os sioux, hase selar, con sangue e licor, o pacto de loita até o ano que vén.
Como contan dende a LNB, "se estás na cadea ou impedido por causa maior para non estar en Conxo coa tribu billardeira, tamén vas podes seguir en directo a muiñada no Galiza en Varados que preparan dende O Varalmorse". Ademais, este ano tamén han estar, en tempo real, os reporteiros do programa da Galega, A Revista, seguindo, a pé de pista, o que aconteza neste súper final.
Os horarios, os lugares e as paparotas
FINAIS DA MAÑÁ
12:00 h. Modalidade Feminina
Conferencia NorLeste: Carmiña, Tere, Mónica, Ana, María, Asun, Demelsa, Geni, Teresa, Lola e Pamela.
Conferencia Noroeste: Leticia, Besbe e María.
13:00 horas Modalidade por equipos:
Billardeiros Musicais vs. Filloas de Sangue
FINAIS DO SERÁN
16:00 horas. Modalidade de varados:
Conferencia NorLeste: Markitos, David, Bixi e Ginés R.
Conferencia NorOeste: Juanjo, Sak, Lois Fontán e Sergio.
17:00 horas. Final individual
Conferencia Norleste: Ginés R, Hugo, Cristián, Juán Pico, Zidane, David, Markitos e Víctor.
Conferencia Noroeste: Kiko, Sak, Sergio, Alberto, Lois Fontán, David Fontán, Juanjo e Roi.