Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
'MÚSICAS PORTUARIAS', DENDE O 20 DE XUÑO

A marea trae a Mísia a Ferrol

O Conservatorio de Música Tradicional e Folque e a Concellaría de Cultura de Ferrol organizan unha serie de concertos co mar ao fondo.

Redacción - 11:55 13/06/2008

O 11 de xullo estará a portuguesa Mísia, pero antes pasarán polo Teatro Jofre o tango arxentino de Marcelo Mercadante e o seu Quinteto Porteño (20 de xuño), Marful (27 de xuño), a asturiana Anabel Santiago (4 de xullo). Así pois, fados, tangos, tonadas, habaneiras, sempre mirando de frente ao mar. Dise moitas veces que Ferrol vive de costas a el, sempre detrás dun muro (o do Arsenal), pero isto non é así: aí está Curuxeiras, a maltratada ría, as praias onde bate o océano. O Ciclo de Músicas Portuarias é unha mostra da puxanza que hoxe ainda teñen as músicas que cheiran a porto.

Ferrol quere, pois, reivindicar o seu carácter marítimo e mariñeiro. Non só a través dos ritmos que mexerán o Jofre, senón que mesmo levará a música á propia ría. O 5 de xullo realizarase un paseo en lancha pola ría, amenizado con música ao vivo de acordeón diatónico e zanfona: Dúo Carlos Quintá e Óscar Fernández. A lancha percorrerá os asteleiros de Astano, Arsenal militar, Base da Graña, Castelos da Palma e San Felipe, e as fortalezas de San Carlos e San Cristovo. Poderán participar aquelas persoas que merquen un abono para todos os concertos.

Todos os concertos terán un prezo entre 9 e 12 euros, agás o de Mísia, que custará entre 12 e 18. A cantante portuguesa presentará o seu último traballo, Lisboarium, un canto á capital lusa con textos dos grandes poetas portugueses sobre música de fado tradicional. O ciclo abrirao o arxentino Marcelo Mercadante, virtuoso do bandoneón, instrumento portuario por excelencia. Mercadante viva na actualidade en Barcelona, onde colabora regularmente con músicos doutras estéticas coma Serrat, Los Sabandeños, Nina ou Miguel Poveda. Co Quinteto Porteño publica no 2002 Esquina Buenos Aires, con temas propios, tango tradicional e versións de Astor Piazzolla.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Mísia
Mísia
Marcelo Mercadante
Marcelo Mercadante
Cartaz do Ciclo de Músicas Portuarias
Cartaz do Ciclo de Músicas Portuarias
A estreita entrada da Ría de Ferrol
A estreita entrada da Ría de Ferrol