Mantemos aberto o concurso Unha imaxe para o galego. Buscamos fotos e vídeos sobre o idioma.
Antonio Suárez enviounos esta fotografía con seguinte lenda: “o mellor legado que lle podemos deixar aos nosos fillós é a nosa lingua”. Así retrata el a transimisión da lingua galega. Na foto aparece un pícaro coa man agarrada rexamente aos seus maiores. E con esta xa son 35 as fotografías que compiten no concurso 'Unha imaxe para o galego'.
Tamén temos aberto un apartado para que nos mandedes vídeos de creación propia sobre a lingua. Non fai falta ser un profesional nin dispoñer de medios (incluso valen gravacións con móbil) o que conta é a orixinalidade. Bule que xa só faltan dúas semanas para que remate o prazo. Temos premios para os mellores traballos. Consulta aquí as bases do concurso de foto e vídeo.