 
A evaporación do lago Chad, a deforestación que lle afecta a diversos países ou o retroceso dos glaciares ugandeses son exemplo dos graves cambios no continente.
O impacto de diversos factores en África é evidente no informe que presentaba esta semana o Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente. O estudo, presentado por Thabo Mbeki,  presidente sudafricano, inclúe centos de imaxes tomadas desde satélites que ofrecen exemplos claros das fortes mudanzas que en pouco tempo sofre o continente africano.   
  
  A comparativa do "antes" e o "despois" realizada sobre numerosas áreas clave, indica a gravidade dos cambios. Por exemplo, en apenas quince anos, os glaciares das montañas Rwenzori, en Uganda, decreceron case un 50%, e en trinta anos, importantes reservas forestais de Madagascar ou Suráfrica desapareceron tamén do mapa. Na República do Congo, o informe advirte da rede de estradas realizada ao norte, e de como facilitou as agresións á biodiversidade nesa importante zona. En xeral, ofrece mostra do avance da desertificación e da imparábel perda de bosques no continente.   
  
  Con todo, os autores do estudo tamén quixeron destacar algúns sinais para a esperanza como é o caso da recuperación dos anegamentos estacionais naturais nunha área de chairas de Zambia, as accións de recuperación dos ecosistemas naturais do parque de Sidi Toui, en Tunicia, a recuperación de humidais en Mauritania ou o control da explotación forestal en Kenya.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto