Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
fútbol sala

O Valdetires Ferrol ascende á máxima división do futsal feminino

Directiva e xogadoras foron recibidas esta cuarta feira pola directora Xeral para o Deporte, Marta Souto.

Redacción - 19:16 11/06/2008
O equipo completo do Valdetires FSF

O equipo completo do Valdetires FSF

Tras gañar na liguiña de ascenso á División de Honra do Fútbol Sala feminino (disputada esta fin de semana), o Valdetires de Ferrol pasou a proba, conseguindo finalmente unha das tres prazas que perderon esta tempada o Preconte Telde de Gran Canaria; o Bimil.lenari de Elxe; e o Bitango de Fuenlabrada. No ascenso, as de Ferrol estarán acompañadas polas xogadoras do Zona Franca de Cádiz e do Torre Pacheco de Murcia.

Esta cuarta feira, o Club Valdetires foi recibido, en pleno, pola directora xeral para o Deporte, Marta Souto, e polo vicepresidente da Federación Galega de Fútbol, Xosé Antonio Lobelle.

Volven estar "no lugar que lles corresponde"
O Clube, que segundo Lobelle, "volve estar no lugar que lle corresponde" (estivo 18 anos seguidos na División de Honra, pero levaba tres tempadas na segunda).

Durante a recepción, Marta Souto prometeulles ás xogadoras ferrolás ilas ver na próxima tempada,"xa que estou segura de que ides dar un gran espectáculo", e destacou o feito de que poderemos ver un derbi galego, xa que agora, co ascenso do Valdetires, hai dous equipos galegos na máxima.


2,5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: