Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Galiza, disque, non é Galiza

O Consello da Cultura e a Mesa defenden o uso de "Galiza"

O PPdeG presentará unha iniciativa parlamentaria solicitando que só se utilice o término "Galicia".

Redacción - 09:00 11/06/2008

Logo de facerse público o comunicado da Real Academia Galega, onde a institución recupera a reflexión xa realizada anteriormente ao respecto da denominación "oficial" do país, representantes do Consello da Cultura pronunciáronse este martes ao respecto. Así, Ramón Villares, presidente do Consello, e Henrique Monteagudo, coordinador da sección de Lingua, coincidiron en defender a utilización da forma "Galiza" como palabra "lexitimamente galega" e "recuperada no galego contemporáneo". Na opinión dos dous expertos, deberan poder usarse indistintamente.

Tamén desde a Mesa pola Normalización Lingüística defendía este martes o topónimo "Galiza" como forma "lexítima" e "válida" o voceiro do colectivo na área da Coruña e presidente da Mocidade pola Normalización Lingüística, Fran Rei, quen recordaba que a "normativa oficial da lingua" que está vixente estabelece que os dous topónimos "son válidos" e entende que "Galicia" como "denominación oficial do país" é máis dende un punto de vista "político" que "lingüístico".

"Galiza é unha denominación histórica do país" cun uso literario suficientemente documentado xa "en textos medievais" e empregada na época na que o galego "era lingua de uso normal" en todos os ámbitos da sociedade". O representante da Mesa lembrou que, "do mesmo xeito que durante moitos anos o estivo a palabra "gallego" en vez de "galego", segue sendo preciso recuperar voces que foron castelanizadas co paso do tempo".
Por outra parte, o PP cualificou o uso indistinto no Goberno dun outro término de exemplo da "descoordinación do bipartito". O deputado Ignacio López Chaves interpretou que a aposta das consellarías do BNG pola expresión "Galiza" é un "pulso" ao presidente da Xunta e anunciou a presentación dunha iniciativa en favor do uso exclusivo de "Galicia".


4,88/5 (17 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: