Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
CIVISMEMORIA

Crean unha memoria colectiva alimentada de relatos individuais

O lema da súa páxina inicial resume o proxecto do seu fundador, o editor Stephen Carrière: "Vivíuno, daquela cónteo"

Redacción - 12:22 10/06/2008

O aniversario dos acontecementos de maio do 68 deu lugar, en todos os medios de comunicación e, en particular, en Internet, a unha morea de relatos, cada un, protagonista en primeiro plano ou testemuña anónima dos acontecementos, a subministrar os seus recordos persoais deste período.

É sobre este principio que se lanzou, en maio, a web civismemoria. O lema da súa páxina inicial resume o proxecto do seu fundador, o editor Stephen Carrière: "Vivíuno, daquela cónteo".

"A idea é sermos un escaparate dunha memoria individual que alimenta os relatos familiares." Cando non hai pegadas escritas, o que ocorre a miúdo, esta memoria desaparece desgrazadamente en apenas dúas xeracións, o que representa unha perda para a colectividade, precisa Carrière. Grazas a Internet, disponse de ferramentas para constituír unha biblioteca da memoria".

O fundador da web fai fincapé nesta última palabra, engadindo que non ten "a pretensión de traballar para a historia". O que lle interesa, é "a lembranza subxectiva, cargada de emoción".

Despois de rexistrarse, cada usuario pode subministrar a través de civismemoria un relato persoal ou unha anécdota vivida nun momento-clave da historia destes noventa últimos anos. Unha lista cronolóxica, na parte superior da pantalla, permite inserir o seu testemuño en función da data de referencia. Un sistema de pestanas guía ao internauta a través dunha selección por acontecementos.

Ademais de textos, a web tamén permite subir fotografías ou vídeos.


3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: