Conseguiu o segundo lugar tanto na categoría masculina como na feminina, por detrás da de Madrid.
Os taekwondistas Samuel e Nerea
A selección galega de de taekwondo conseguiu sete medallas de oitos pesos olímpicos (catro masculinos, e catro femininos) o que lle permitiu conquistar o subcampionato.
No primeiro posto acabaron os deportistas madrileños, que competían en casa (Alcobendas). En categoría masculina, Castela-A Mancha foi terceira, e en feminina, Cataluña, que repetiu posto no global do torneo.
Campionato estatal de Técnica
Mais non foi este o único éxito dos taekwondo galego nesta fin de semana, xa que no Campionato estatal de Técnica, que tamén tivo lugar en terras españolas, os nosos deportistas sumaron once bronces nas categorías sénior, máster, parellas e tríos.