Até o momento xa chegaron trinta fotografías que compiten no certame 'Unha imaxe para o galego'.
Ricardo Orxeira Lista envíanos esta imaxe, que mostra a semente de árbore que serán as landras, trae canda si o seguinte pé de foto: “Auga e lingua. Pinga e palabra. Nós mesmos”. Con esta xa son 30 fotografías as que xa chegaron para competir no concurso Unha imaxe para o galego, organizado por Vieiros coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Aínda quedan tres semanas para que nos achegues as túas propostas. Temos premios para as fotos e vídeos que mellor reflictan a transmisión dese patrimonio que é a lingua. Consulta aquí os traballos que chegaron, as bases e os premios deste concurso.