Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Proxecto da Universidade de Vigo

Galiza pon a 'Dieste' no espazo

Un satélite desenvolvido en Galiza formará parte do voo inaugural da lanzadeira espacial Vega, da Axencia Espacial Europea.

Redacción - 18:35 05/06/2008

A Axencia Espacial Europea aprobou o proxecto liderado pola Universidade de Vigo coa colaboración de Retegal para o desenvolvemento dun picosatélite (sátelite de tamaño moi reducido), que permitirá a participación do nosos país no voo inaugural da lanzadeira espacial Vega.

A previsión é que o trebello -Dieste, chámanlle- se poña en órbita este inverno. As súa funcións comprenden a investigación no campo das comunicacións dixitais, a mellora dos sistemas fotovoltaicos satelitais e o desenvolvemento de metodoloxías para a xestión de satélites de comunicación.

A iniciativa, participada tamén polo Instituto Xeral de Técnica Aeroespacial, polo ministerio español de Innovación e mais pola Axencia Espacial Europea, non persegue a explotación comercial, senón que ten un carácter científico e educacional, segundo explicou o Goberno tras o Consello da Xunta desta quinta feira.

Dieste
, que foi seleccionado xunto a outros sete proxectos de entre máis de 25 presentados, sitúa a Universidade de Vigo nunha das oito universidades líderes a nivel europeo no desenvolvemento de picosatélites.


5/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: