O ex alcalde lembrou este mércores que a cidade "foi capital dende Felipe II".
Francisco Vázquez
O noutrora caudillo do coruñesismo e agora embaixador español no Vaticano, Francisco Vázquez, volveu desenterrar unha das máis vellas polémicas dos seus inicios como rexedor: o cuestionamento sistemático de Santiago de Compostela como capital de Galiza.
Vázquez regresou á cidade herculina este mércores para abrir un congreso de laboratorios clínicos. Na súa conferencia inaugural, o ex rexedor reabriu veladamente a vella disputa ao dicir que A Coruña “foi capital de Galiza dende Felipe II até o nacemento da autonomía. A capital está dende hai pouco noutro lugar”.