O artista vigués inaugura a mostra de fotografía na Galería Sargadelos de Barcelona.
Portas e xanelas tapiadas, máis que pechadas, máis que fechadas, pero non anuladas. Vestixios da historia e de historias, rastros do vivido e rexeitado, imposibilidade de volta atrás, negación da historia, cuberta dun libro que non se pode abrir, o portazo definitivo…
Algunhas tapadas ao bruto, con urxencia. Outras con arte e delicadeza, pero aínda así deixando constancia de que alí houbo unha entrada/saida. E mesmo outras tapiadas hai tanto tempo que unha nova historia escomeza a se deixar ver sobre a negación da historia previa (por exemplo as que foron grafiteadas a posteriori, ou as dos Balcáns, que amosan rastros dos impactos do conflito bélico).
Ce Tomé é natural de Vigo e actualmente reside en Bruxelas. A finais dos anos 80 comeza a experimentar coa fotografía e o deseño gráfico, realizando logotipos, fotomontaxes e imaxes de marca. Os anos 90 publica, en colaboración con Xavier Queipo, o libro Mundiños e presenta en ARCO, en Madrid, unha instalación de mais de 200 retroproxeccións de fotomontaxes combinadas con musica picada en directo. Cunha variación desta mesma obra participou alguns anos despois na exposición Lost in Sound do Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela.
Inauguración da exposición de fotografía Caso pechado, de Ce Tomé.
Xoves, 5 de xuño, 20 h
Galeria Sargadelos
Provença, 276 | Barcelona
Até o 31 de xullo.
Membro de Rede.cat.