Os dous duatletas fixeron os mellores tempos absolutos nesta "proba estatal", puntuábel para a clasificación individual.
A fotografía do podio feminino, con Agnes Eppers no centro
O pasado domingo, en San Sebastián de Pravia (Asturias) desenvolveuse a quinta edición do campionato de triatlón, considerado pola federación española como "proba estatal", puntuábel para a clasificación individual.
A proba disputouse en distancia sprint (750 m de natación, 20 km sobre a bici e 5.000 metros de carreira a pé) e nela destacou o traballo feito polos atletas do Cidade de Lugo Club Fluvial que gañaron na categoría absoluta feminina e masculina.
Na feminina foi primeira a boliviana Agnes Eppers (que fundamentou o seu triunfo no dominio na carreira ciclista e a pé e que gañaba, por segundo ano consecutivo, esta proba); na masculina o lugués, da sub 23, Adrián Vázquez Fernández (que destacou pola súa regularidade nas tres probas).
Son de destacar tamén o cuarto posto de Noelia Mora, e o oitavo da júnior de Ribadeo, Yolanda Campa, cos que o Cidade de Lugo Club Fluvial se impuxo tamén por equipos na categoría feminina. O equipo masculino acadou o segundo posto, por detrás do Academia Civil-El Musel de Xixón.
Clasificación completa da proba
Clasificación elite femenina
1. Agnes Kay Eppers (Cidade de Lugo Fluvial) 1.18:16
2. Ruth Gómez (Academia Civil-El Musel) 1.19:04
3. Susana Coto (Ciudad de Gijón) 1.21:17
4. Noelia Mora (Cidade de Lugo Fluvial) 1.21:29
5. Mónica Incera (Universidade de Vigo) 1.21:57
Clasificación elite masculina
1. Adrián Vázquez (Cidade de Lugo Fluvial) 1.05:48
2. Alberto González (Academia Civil-El Musel) 1.06:16
3. Alejandro Pérez (Triatlón Ferrol) 1.06:28
4. Sergio de Torres (Academia Civil-El Musel) 1.06:50
5. Daniel Muñiz (Academia Civil-El Musel) 1.07:11