Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Festa da Narración Oral de Galiza

Cóntocho.eu

Será o vindeiro sábado 5 de xullo no Pino. Este ano han estar Cándido Pazó, Paula Carballeira, Quico Cadaval, Xurxo Souto, Espido e Róber Bodegas, entre outros.

Redacción - 09:00 04/06/2008

O ano pasado veu a primeira, e este tócalle á segunda Festa da Narración que chegará a Arca, vila do Concello do Pino (Arzúa) o vindeiro sábado 5 de xullo.

Alí hanse xuntar, durante todo o día, xente de todo o país a contar os seus "sucedidos", narración orais curtas que cada quen conta e re-conta ao seu xeito porque, como din os organizadores (o Colectivo Tatalo e a Nova Escola Galega) as historias son irrepetíbeis, irrecuperábeis tal como saíron do maxín e dos beizos de quen a contou, e, inevitabelmente, mudan cando se re-contan: "por máis que a historia volva ser contada xa non será a mesma, coma o río aquel".

Desta volta organizaron unha Xornada de Oralidade para os educadores, cuxo prazo de inscrición xa está aberto. Nesta actividade de formación ha colaborar xente coma Antón Cortizas e Montserrat Rivero (do grupo Leilía). Tamén haberá conferencias, impartidas pola narradora, actriz e escritora Paula Carballeira e o escritor Bieito Iglesias.

Máis tarde chegarán os contacontos, nos que intervirán Quico Cadaval, Xurxo Souto, Cándido Pazó e Paula Carballeira, e, a seguir, Espido (Guadi Galego e Guillerme Fernández) ofrecerá un concerto ao vivo. Ao mesmo tempo, están organizadas sesións de contacontos nos bares de Arca, nas que participan as persoas inscritas e que estarán presentadas por Róber Bodegas, Celso F. Sanmartín, Eva Varela e Carlos Santiago. A festa terminará coa actuación do grupo de gaitas Tombalobos.

Pódese consultar toda a información e inscribirse para a grande festa dos contos na web www.contocho.eu.


Documentos

5/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: