Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
COÑECIDO COMO O EFECTO INTERFEROMETRÍA HANBURY-BROWN-TWISS

O CSIC proba un sistema que axudará a loitar contra a espionaxe informática

Permitirá fabricar dispositivos baseados en criptografía cuántica que melloren o actual sistema de transmisión de datos

Redacción - 12:00 03/06/2008

Investigadores do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) realizaron con éxito por primeira vez en España un experimento coñecido como o efecto interferometría Hanbury-Brown-Twiss en puntos cuánticos semiconductores.

Detrás deste complexo nome escóndese un sistema que axudará a mellorar a loita contra a espionaxe e a piratería informática. Os responsables do proxecto explican que este sistema permitirá fabricar dispositivos baseados en criptografía cuántica que melloren o actual proceso de transmisión de información, que é vulnerable.


Documentos

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: