O mozo das Pontes foi incluído no once de ouro na gala de Fútbol Draft, celebrada en Madrid.
Cando a finais do ano pasado acadou a titularidade no Dépor, Adrián López, Piscu, era o deportista que máis prestacións ofrecía por menos diñeiro de todas as ligas europeas. Naquela altura, cando Lotina decidiu darlle o posto do lesionado Lopo, o até daquela canteirán apenas tivo erros.
A comezos de ano deixou de ser mileurista, e seguiu rendendo no primeiro equipo como os máis. A pasada segunda feira Piscu recibiu o premio ao mellor central dereito novo da Liga na gala Fútbol Draft, celebrada en Madrid, no estadio Santiago Bernabéu.
Estes premios recoñecen os mellores canteiráns dos clubes estatais de entre 16 e 20 anos.
Outros galegos premiados
Ademais do xogador das Pontes, o vigués Jonathan Pereira, do Racing de Ferrol, recibiu un seu galardón de prata, tras ser designado como mellor xogador da banda dereita.
Outros xogadores do Deportivo tamén recibiron os seus premios: o gardameta Fabricio Agosto (que debutou esta campaña co primeiro equipo coruñés) e o dianteiro centro Adrián López (actualmente cedido ao Alavés) tamén fan parte do once de bronce.