Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
baloncesto feminino

Tamara Abalde ficha polo Ros Casares

A promesa galega do baloncesto estatal volverá a vindeira tempada dos EUA, onde estivo xogando no Universidade de Lamar, para debutar co equipo valenciano.

Redacción - 17:10 02/06/2008
Abalde, cando xogaba no Celta

Abalde, cando xogaba no Celta

O Ciudad Ros Casares Valencia anunciou a fichaxe, para as dúas próximas tempadas, da aleiro galega Tamara Abalde, unha das grandes promesas do baloncesto estatal, que a pasada tempada foi unha das estrelas da liga universitaria nos EUA, xogando co Universidade de Lamar, co que chegou a anotar 44 puntos nun partido.

Abalde, que naceu hai 19 anos en Ferrol, mais que comezou a xogar ao baloncesto en Vigo cando tiña 15 (na máxima categoría do baloncesto estatal), chegando a ser unha das xogadoras máis destacadas do Celta, mide 190 centímetros e trae dos EUA un promedio de 16 puntos e sete rebotes por encontro. A noticia da súa fichaxe chegou estando concentrada coa selección estatal para participar no preolímpico, que lle podería dar a clasificación para Beixín 2008.

A fichaxe de Tamara Abalde polo Ros Casares únese ao de Amaya Valdemoro e ao de Isma Cantó, que será o técnico dun equipo no que ademais teñen contrato Elisa Aguilar, DeLisha Milton-Jones, Erika De Souza e Elena Tornikidou, que renovou a súa vinculación hai poucos días.


4,5/5 (8 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: