Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
O GAÑADOR, O 7 DE XUÑO

Tres finalistas para o Xerais de novela

O xurado seleccionou os lemas 'As sereas de Tubinga', 'Flora da xunqueira' e 'Memoria de sal'.

Redacción - 11:25 02/06/2008

Presentáronse 54 novelas e apenas quedan tres. O xurado do Premio Xerais de Novela, formado nesta ocasión (vixésimo quinta edición) por Xabier Puente Docampo, Xosé Miranda, Santiago Jaureguizar, Uxía Casal, Estíbaliz Espinosa e Francisco Alonso Villaverde (en representación de Xerais, con voz e sen voto) fixo a súa peneira e anunciou os lemas das tres obras finalistas. Trátase de As sereas de Tubinga, Flora da xunqueira e Memoria de sal, entre as que se elixirá á gañadora, que se coñecerá o vindeiro sábado 7 de xuño nun acto que terá como escenario, coma nos últimos anos, a illa de San Simón.

Premio Merlín e Premio Caixa Galicia
Pola súa banda, a 23ª edición do Premio Merlín de literatura infantil, que recibiu este ano 32 participantes, escollerá o seu gañador entre os finalistas Cómpre botar unhas palabriñas máxicas, Indanonseiben (teatro), Paspallasazul e XX27/ni-0. O xurado do Merlín está formado por Manuel Figueiras Fernández (profesor e responsable da BLIX), Adolfo Gálvez Pazos (profesor e responsable de Biblioxest), Beatriz Pereiro Pérez (profesora), Óscar Villán (ilustrador), Laura Sáez Fernández (tradutora e intérprete) e Helena Pérez Fernández (editora).

Finalmente, o xurado da 3ª edición do Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil, formado por Isabel Bilbao Freire (responsábel de acción externa da Fundación Caixagalicia), Xabier Senín Fernández (profesor e tradutor), Andrea Maceiras Lafuente (estudante de Filoloxía), Antonio Piñeiro Rodríguez (estudante de 3º da ESO, CEIP Alfonso VII de Caldas de Reis), Einés Monteagudo Vilavedra (estudante de 3º da ESO do IES de Ames) e Xosé Manuel Moó Pedrosa (editor), entre as vinte e oito obras participantes, declarou finalistas as presentadas baixo os lemas: Eu son ti, O derradeiro inverno e Tusitala.


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: