Despois de obter o 68% dos votos fronte ao 32% de Barack Obama nesta cita coas primarias, insiste en que goza do "voto popular".
A decisión do Partido Demócrata de que as votacións en Michigan e Florida conten con medio voto, prolonga a belixerante pelexa entre os dous aspirantes da formación. Así, Hillary Clinton recibe novos azos, e o reparto actual de delegados ofrece a suma de 2.070 para Obama e 1.915 para Clinton, deixando o novo total necesario para asegurar a vitoria en 2.118.
As primarias rematan así este martes 3 de xuño, coa votación en Montana e South Dakota. "Cando a votación conclúa este martes, nin o senador Obama nin eu mesma teremos o número de delegados necesario para sermos nominados", advertía Clinton na comparecencia despois da vitoria en Puerto Rico.
A estratexia de Clinton pasaría agora por tratar de mudar o voto dos superdelegados, arredor de 800 significados representantes do partido que terán voto a maiores na convención do partido en Denver o próximo mes de agosto. Na situación actual, Obama sería o que contaría o favor coa maioría destes membros.
Poden ampliar na CNN e e