Bill Gates e Steve Ballmer presentaron como será a próxima versión do seu sistema operativo, onde as pantallas sensíbeis ao tacto cobrarán protagonismo.
Os principais responsábeis de Microsoft, Bill Gates e Steve Ballmer, desvelaron algúns detalles máis sobre a vindeira versión do seu sistema operativo, que se chamará Windows 7. O éxito do iPhone de Apple parece ter moito que ver cunha das características que incorporará o software: o uso da tecnoloxía táctil.
O sistema operativo lanzarase antes do previsto, en 2009, quizais pola tépeda acollida de Windows Vista. Gates e Ballmer amosaron como o manexo dos computadores poderá ser máis doado pasando os dedos pola pantalla, o que fará innecesario o uso do rato e mesmo do teclado. O abaratamento da tecnoloxía táctil, xa xeneralizada nos teléfonos móbiles, será un factor importante para o seu paso aos computadores.
O adianto do Windows 7 produciuse durante a conferencia D. All Things Digital, organizada por The Wall Street Journal. Nela, Steve Ballmer confesou que Microsoft aprenderá a lección despois do lanzamento de Windows Vista. Velaquí unha demostración da próxima versión do software: