Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
'OS SEÑORES DO VENTO'

A Guarda: 'Land-Art' na terceira idade

Xurxo González realizou unha curtametraxe sobre Chacurro e José María, dous xubilados que crearon unha instalación artística a base de botellas de lixivia.

Redacción - 09:50 31/05/2008

Eles idearon un sistema para dominar o vento. Dirixiron centos de botellas desafiando o ceo. Mais, como elas, a vida tamén dá voltas. Cada vez quedan menos... eles son... "os señores do vento".

Disto fala o filme. Dúascentas botellas pintadas de cores, enxergadas en paus, movidas polo vento que azouta a desembocadura do Miño. Arte visual e arte sonora (as botellas brúan cos refachos de aire), land-Art inconsciente, mais land-Art en estado puro, realizado por Chacurro e José María, dous anciáns do concello que un bo día encetaron unha obra necesariamente perecedeira, pero que ten deixado a súa pegada na paisaxe do monte da Picota.

A curtametraxe, de dez minutos, estreouse o pasado 16 de maio no Centro Cultural da Guarda nun evento organizado pola Morraceira-Asociación Cultural e o Concello da Guarda titulado "Curta(s) en galego?". O autor, o crítico de cinema Xurxo González, que por segunda vez se coloca detrás da cámara, afirma que con esta curta quería "facer un recoñecemento público da actividade creativa máis espectacular que se fixo alí en moito tempo", consciente "de que o paso do tempo acabará con todo".


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: