A música de
2us, instrumental, experimental, rompe esquemas pola súa sonoridade, e pola súa complexidade alén do minimalismo aparente da súa proposta: guitarra eléctrica e clarinete. 2us son dous: Fernando Abreu (membro do cuarteto Caramuxo e colaborador, entre outros, de Mercedes Peón, Sete Saias, Batuko Tabanca) e Pablo Carrera (Dr. Harapos), que reuniron 13 temas que 'só son sons', sen máis aspiracións que a de crear música máis dirixida aos sentidos que ao intelecto.
A presentación en sociedade de 2uS tivo lugar a pasada fin de semana, 24 e 25 de maio, con senllos concertos no Teatro Ensalle de Vigo, dúas noites nas que colaboraron algúns dos amigos que participaran xa na gravación do disco: Pablo Novoa, Paco Dicenta, Leandro Deltell, Xesús Valle ou Nacho Muñoz. Previamente actuaran en público noutros formatos, como a súa colaboración no proxecto 'Música para plantas' no Marco.
O seu álbum (
Só son sons,
Falcatruada) está dispoñíbel nas tendas dende o martes 27 de maio.