Este martes inaugurarase un monolito no parque Tiergarten.
Foron ducias de milleiros os homosexuais arrestados durante o réxime nazi, e ao redor de sete mil os que morreron asasinados nos campos de concentración. O recoñecemento a estoutra represión chega tarde, pero chega, despois de que a homosexualidade continuase sendo un delicto en Alemaña até 1969 e que non se recoñecese oficialmente a represión até o ano 2000.
O monumento consiste nun monolito rectangular que nun dos seus lados amossa un fotograma dun filme no que se poden ver dous homes bicándose. A escultura foi realizada polo colectivo artístico dinamarqués e noruegués formado por Michael Elmgreen e Ingar Dragset. de catro metros de alto.
A pedra chántase no céntrico parque Tiergarten, a cen metros da Porta de Brandenburgo e moi perto igualmente do memorial en recordo da represión sufrida polos xudeus. Dáse a circunstancia de que o alcalde de Berlín, o socialdemócrata Klaus Wowereit, fixo pública a súa homosexualidade hai xa sete anos, pouco antes de se converter en mandatario local. Tamén recoñeceron publicamente a súa homosexualidade os alcaldes de Hamburgo ou París.