Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
INFLÚE NA METODOLOXÍA DE TRABALLO

A 'Xeración Y' cambia a rede

A rede cambia tanto por razóns sociais como por razóns tecnolóxicas e as primeiras axudan, se cadra mellor, ao éxito da súa influencia que os motivos tecnolóxicos, en particular, nos mozos e mozas.

Redacción - 13:09 26/05/2008

É o que explica Sara Pérez nun artigo publicado en Read/WriteWeb baixo o título Why Gen Y Is Going to change the Web.

A 'Xeración Y' é "a xeración máis activa dixitalmente ata agora, que comprende individuos conectados desde que naceron". Inclúe ás persoas nadas, segundo Wikipedia, entre 1982-1983 e 1997.

É tamén a máis numerosa desde o 'Baby Boomers' que influíu nos Estados Unidos do final do Século XX.Televisión e traballo contan menos para eles que para os nados anteriormente. Teñen, pola contra unha conciencia social máis aguda e mantéñense ao corrente da actualidade sen pasar polos diarios.

Outro elemento de importancia se se quere comprender o éxito das redes sociais, teñen máis coidado ao que din os seus amigos que á publicidade. Por outra parte, máis da metade deles teñen contas en MySpace, FaceBook, ou en calquera das redes sociais existentes.

O seu papel fundamental é ao integrarse no mundo do traballo, ao cal obrigan a transformar. Piden, e esixen ás veces, que se lles proporcione as ferramentas que teñen a práctica de utilizar (os cales son a miúdo máis potentes cós dos que dispoñen na oficina). A súa cultura dixital e as súas prácticas obrigan ás sociedades a atopar sempre novas formas de comercialización e de comunicación.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: