Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NUNHA ENTREVISTA NA RADIO GALEGA

Crespo non descarta pactar nun futuro co BNG porque “na terra dos lobos hai que ouvear coma todos”

O rexedor lalinense cre que de momento non é fácil o entendemento pero avogou por deixar as portas abertas.

Redacción - 13:35 25/05/2008
Tags: BNG pacto PPdeG

O alcalde de Lalín, Xosé Crespo, cre que un pacto político entre o PPdeG e o BNG non é de momento fácil mais deixou a porta aberta de cara ao futuro cun "nunca se debe descartar nada". Nunha entrevista na Radio Galega este domingo, o dirixente popular defendiu que un partido democrático nunca debe renunciar a negociar con outro que tamén o é. Botando man do refraneiro Crespo espetou un "na terra dos lobos hai que ouvear coma todos" e avogou por ser flexíbeis, sen renunciar aos principios, á hora de dialogar con outras forzas.

Crespo sinalou que os conservadores xa están a quentar motores de cara os vindeiros comicios autonómicos e mostrouse convencido de que "se o partido apreta" poden acadar a maioría absoluta. Porén, o ex vicesecretario xeral do PPdeG recoñeceu que o partido non vive un bo momento a nivel estatal aínda que se mostrou seguro de que Rajoy vai saír "fortalecido" do congreso de xuño.


3,63/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: